|
Documento sin título
|
| .:: PG ::. A Estrada |
|
|
A Xunta local da o seu apoio a Chesqui
|
O pasado sábado, día 16 de maio, Francisco López Franco reuniuse cos representantes dos concellos do Partido Galeguista que avalan a súa candidatura á presidencia do Partido, no hotel Galatea de Sanxenxo. Aos representantes dos 12 concellos presentes no acto, hai que sumarlle os que manifestaron o seu apoio ao candidato á presidencia do partido Galeguista, pero que por diversos motivos non puideron asistir á reunión, voto que se verá referendado polos delegados das xuntas locais, que concorrerán ao X congreso do PG, o próximo día 14 de xuño de 2009. O partido Galeguista acolle nas súas filas, persoas que souberon demostrar que traballan por e para, que Galicia mellore as condicións de vida do seu pobo, persoas involucradas co día a día que con humildade e moderación demostran a súa honestidade. Cremos que o pobo galego debe ter en conta ,que os Galeguistas sabemos que nada na vida é fácil, e que a única maneira de que o país progrese é con traballo, loitando día a día polo que a un pobo como o galego se lle recoñeceu dende tempos atrás, sentimento, esforzo e honestidade. Francisco López Franco ( Chesqui) , histórico militante do PG e agora candidato á presidencia do Partido Galeguista,é un máis deses homes con perfil Galeguista que a organización posúe e que se mostra firmemente convencido de que o noso pobo ten as características necesarias para situar a Galicia nun enclave privilexiado e desenvolvido dentro do panorama español e europeu. A agrupación estradense estivo presente na reunión do día 16, mostrando o seu total e incondicional apoio á candidatura de Francisco López, desexando ao mesmo tempo que os actos do día 14 de xuño celébrense coas máximas garantías de éxito , posicionando ao PG dentro da esfera política do país.
Xunta local da Estrada
|
|
<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Next >> |
|
Documento sin título
.:: Tabela Galeguista ::. |
|
.:: Videos ::. |
|
|
.:: Donacions ::. |
|
.:: Tenda Virtual::. |
|
|