Documento sin título  
Documento sin título
.:: PG ::. A Estrada

Estimados lectores:

Hoxe é un bo día para facer reflexións en alto e esta é a nosa intención.


Fai xa máis dun cuarto de século que gozamos dunha democracia da cal algúns de nós, é o único sistema que coñecemos, pero que segundo nos contan é a mellor forma de vida para dispoñer de economía, igualdade, seguridade, xustiza e liberdade.


Os partidos políticos son fundamentais para o pluralismo político que necesita a democracia, tan importantes son os estatutos que rexan ás comunidades autónomas, especialmente se falamos dunha Galicia que tivo a oportunidade de reformarlo e non fíxoo.


Esta pluralidade política da que falamos, é a que ten que manifestar a vontade popular para o bo funcionamento do noso sistema, pero estase dando unha situación que emtorpece esa vontade, debido á existencia de partidos políticos poderosos, que acaparan o espazo mediático, entretendonos cada vez que se desenvolve unha campaña preelectoral, con eslógans e ataques de desprestixio ás formacións opositoras, que non teñen precedentes.


Os políticos preocúpanse máis do voto populista que realmente de solucionar os verdadeiros problemas da sociedade e a noso entender este tamén pode ser unha das causas importantes da crise da que tanto se fala.


Necesitamos dunha vez por todas humildade e boa fé, xente con valores sociais que traballe con transparencia, en favor dos colectivos máis desfavorecidos da sociedade.


Producíronse algúns avances na sociedade, aínda que pensamos que as empresas e o colectivo de traballadores, foron nos últimos anos a distintas velocidades, e non nos referimos precisamente ás grandes empresas, que tamén xeran importantes beneficios para o país. Referímonos fundamentalmente ás Pemes, empresas micro e traballadores por conta propia que necesitan que se respécten os seus valores sociais para que poidan dispoñer das mesmas garantías que os demais cidadáns.


É xa que logo, estando a uns días da xornada electoral do 1-M, e non querendo extendernos demasiado con palabras para non cansar ao lector, desde aquí suxerimos que se vote en liberdade e a poder ser en clave galega.



<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Next >>

Content Management Powered by CuteNews
Documento sin título
.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.
  - Copyright (c) 2004 Partido Galeguista -  
contactar
buscador web
webmail
porta