Documento sin título  
Documento sin título
.:: PG ::. A Estrada

Un ano máis , celebrouse  na Estrada a festa da bicicleta, evento que se vén realizando dende hai uns anos con moi bó criterio dos organizadores, pero aos que se lles pode reclamar algunhas deficiencias no ámbito organizativo, como son unha falla de dotación de medios ,tanto a nivel de promoción como de infraestrutura, propiciando asi ,unha escasa participación cidadá.


Cando saímos en familia ,a opción de ir polas estradas mais próximas ao pobo , non ofrecen as suficientes garantías en seguridade, tanto a nivel de trafico rodado como o mal estado de conservación dos camiños rurais.


Sorprende tamén que os representantes actuais do noso concello , non empezasen neste primeiro ano de lexislatura, a perfilar un proxecto como o que no seu dia presentou o partido Galeguista de cara á campaña electoral de maio do 2007, un proxecto que pretendía a recuperación dos antigos camiños rurais dos arredores da Estrada, conectando os carrís bici co centro da vila.


A nosa cidade, necesita contar con proxectos deste tipo, que sirvan como elementos dinamizadores no incremento de calidade de vida dos seus habitantes, este artigo debe servir para alimentar a sensibilidade dos actuais responsables de goberno, co fin de dar resposta a unha demanda social de lecer en alza.


 

 



Fermin Bouza Brey.-

O acceso á carreira xudicial en 1929 conduciuno a Lleida, máis axiña voltou a terras galegas para exercer de xuíz na Estrada .Durante o conflito bélico de 1936 foi afastado do seu posto, acusado de masón e galeguista, máis foi rehabilitado como xuíz xurídico-militar en Lleida, desde onde retornou á Estrada como xuíz de Primeira Instancia. Ingresou en 1941na Real Academia Galega.

Castelao.-

Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista, sumarase ao Castelao artista o Castelao político. En 1931 foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes e defendeu en Madrid iniciativas do programa galeguista. Celebrou o seu casamento coa estradense a súa dona Virxinia,que o 19 de outono do 1912 consagróu na eirexa da Estrada o ilustre crego e poeta ourensán Antón Rey Soto.


<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Next >>

Content Management Powered by CuteNews
Documento sin título
.:: Tabela Galeguista ::.
.:: Videos ::.
.:: Donacions ::.
.:: Tenda Virtual::.
  - Copyright (c) 2004 Partido Galeguista -  
contactar
buscador web
webmail
porta