|
Documento sin título
|
| .:: PG ::. A Estrada |
|
|
O Partido Galeguista aposta polo medio rural e o medio ambiente ao presentar toda a súa lista en A Estrada.
|
|
O Partido Galeguista aposta polo medio rural e o medio ambiente ao presentar toda a súa lista en A Estrada.
O edificio comarcal acolleu onte, a primeira hora da tarde, un acto convocado polo Partido Galeguista para presentar publicamente toda a súa candidatura e tamén para expor as liñas básicas do que será o seu programa electoral. Boa parte das propostas centraranse no medio rural, na agricultura, especialmente a ecolóxica, e no medio ambiente, sen esquecede as demais grandes aspiracións dos estradenses. | |
|
|
|
|
|
Séguenlle Manuel Barcala Pereiras, Xosé Caramés Arca e María L. Julia Pazos Pazos, profesora de Historia na Universidade de Santiago. O quinto posto ocúpao Mónica Mallo Carreira, de 28 anos, licenciada en Bioloxía e traballadora no Banco Galego, e no sexto lugar figura José A. Bernárdez Collazo. Os demais candidatos son: María Esther Vinseiro Tarrío, Manuel J. García Neira, Miriam Pérez Bolaño, Javier Verde Monteiro, María Elyda Arca Branco, María Isabel Maceira Lemos, María José Marque Piso, Javier Parafita Vilar, Javier Magariños Vilar, M. Anxos Torres Pereiras, J. Luis Souto Andújar, Laura Vinseiro Rodríguez, Alejandro M. García Loisa, María Currás García e Roxelio Míguez Branco.
Os tres primeiros na lista explicaron o contido dun díptico que recolle todos os grandes obxectivos do PG se lograse facerse co goberno local. Destacan as súas propostas para potenciar a gandaría e a agricultura ecolóxica, lograr bastante chan industrial, facer máis atractiva a oferta de turismo rural, unha repoboación forestal máis racional, creación dun mercado semanal dedicado aos produtos ecolóxicos e creación dun museo rural e un centro de estudos sobre medio ambiente e ecoloxía.
Na súa intervención, Orlando Villamayor reiterou que sería moi san e conveniente que a mocidade se implique cada vez máis á hora de votar nestas eleccións municipais porque deles depende que o futuro estradense sexa máis esperanzador e poidan facerse realidade os cambios tan esperados no goberno local.
|
|
|
|
ENTREVISTA PERSOAL A ORLANDO VILLAMAYOR
|
|
Orlando Villamayor, candidato á Alcaldía do Concello de A Estrada polo Partido Galeguista: "Presentámonos co ánimo de sacar representación para poder opinar" | | |
O alcaldable asegura que o PG pode ofrecer aos estradenses "traballo, transparencia e colaboración"
O seu nome vén engadirse á nómina de aspirantes a acadar o 27 de maio a Alcaldía do Concello de A Estrada. Orlando Villamayor foi a persoa elexida para encabezala candidatura do Partido Galeguista neste municipio. É consciente de que a súa é unha forza política que está en fase de implantación no conxunto da comunidade autónoma, pero coida que para os estradenses pode supór unha alternativa que ofrece traballo e transparencia. Lonxe de facer vaticinios, este empresario estradense non quere falar aínda de pactos. Prefire que sexa o seu programa quen primeiro tome a palabra. - O martes presentouse como o candidato do Partido Galeguista. Que leva a un empresario como vostede a tomar este camiño? - Era unha inquedanza persoal que tiven, sempre ese ánimo de colaborar un pouquiño, xunto con grupos de personas que che dan o seu parecer e foron os que me animaron a tomar esta decisión. - Que pensa que lle pode ofrecer o Partido Galeguista aos estradenses? - O Partido Galeguista é un partido de centro, moderado, unha forza política necesaria na Estrada e no ámbito galego tamén. As políticas se fan cada vez máis localistas e penso que hai aí un vacío político que o Partido Galeguista pretende encher. Personalmente considérome unha persoa moderada, de centro, sen radicalidades e que pensa que a política hai que facela dende abaixo, dende a cidadanía e dende os concellos. A política local é a que defiene un pouco o que os cidadáns necesitan. - Nestas eleccións A Estrada racha coa estructura dos tres grandes partidos. Que explica a proliferación de candidaturas á que asistimos? - Os estradenses en xeral ven como A Estrada necesita avances. Nos últimos tempos se vén falando de que A Estrada está un pouco parada, que ten pouca actividade, que a xente tivo que saír a traballar a concellos limítrofes... Eu creo que os empresarios fanse, quizás haxa que nacer tamén, pero eu penso que se fan coa axuda e colaboración das administracións para poder xenerar unha economía forte. É moi importante que o cidadán se involucre e participe. Todo o mundo debería, dunha forma ou outra, participar en política. É moi importante ir a votar e é importante participar para que a democracia sexa algo sano e non dea lugar a ese despotismo que ás veces pode parecer que hai de cara á política. Eu creo que debemos dignificar a política e saber que as persoas que aí están son as que nos representan. Somos unha forza nova. O Partido Galeguista é un partido antigo, tradicionalmente galego que agora ten unha remodelación, que se quere posicionar e modernizar. É unha forza necesaria en Galicia e que co paso de tempo poderemos ver que vai ser un partido que crece pola necesidade que hai dentro do electorado de que sexa así. - E que poden vostedes ofrecer ante esta situación? - Sabendo as persoas que están traballando conmigo nestre proxecto eu creo que o Partido Galeguista o que pode ofrecer á Estrada é traballo, transparencia, colaboración... Vén a sumar. Que haxa máis forzas políticas neste ocasión pode ser circunstancial tamén, pero si é certo que se as hai é porque hai xente disposta a traballar polo pobo e iso é moi importante. - En que piares se apoiarán? - Queremos traballar no ámbito xeracional. Facer política para a xuventude, mediana e terceira idade, empresariado... Pero nós dende o principio estamos traballando en dous puntos fundamentais que xeran ou deberían xerar parte importante da economía local: o tema comercial e industrial e, por outro lado, o tema do rural. Nós queremos tratar de recuperar a economía no rural. Cando falamos de que A Estrada ten 51 parroquias, todos sabemos que A Estrada é moi grande no ámbito rural pero non debemos caer na tentanción de pensar que isto non ten validez. Para o rural tanto economica como medioambientalmente falando é posible darlle solución. Entendemos que pode haber cousas interesantes. - Coñecidos os primeiros nomes da lista, haberá aínda grandes sorpresas ? - A xente que participa ten un mérito importantísimo. No grupo que estamos traballando hai xente moi preparada e calquera podería ser o candidato. Temos a xente, falta algún fleco organizativo por cerrar pero nos próximos días daremos a coñecer o resto da lista. Sorpresas? O único que hai que destacar é que é xente que nunca tivo cargos políticos, aínda que poida haber xente que antes de estar nesta formación estivera noutra. Unha persona non ten por que ter sempre a mesma convicción política durante toda a súa vida. - Quere isto dicir que podería ser unha lista de descontentos con outra formación? - De ningunha maneira. É unha lista de xente con grandes inquedanzas, que lle gustaría aportar moitas horas e moito traballo a este concello e creo que iso é algo que debemos resaltar. - É sinxelo pensar que a súa meta é a Alcaldía. Á vista do panorama político actual na Estrada, cales son as súas aspiracións? - A aspiración de todo partido político cando se presenta a unhas eleccións é a de gobernar. Somos conscientes de que a nosa é unha forza política que se está implantando en toda a comunidade autónoma e, por tanto, sabemos que os crecementos son sempre progresivos. Nós imos estar aí, á espera do que o cidadán diga. En todo caso, cando nos presentamos a unhas eleccións é co ánimo de sacar suficiente representación como para poder opinar. - Que pensa dos pactos? A que estarían dispostos? - Si o comentamos nalgunha ocasión pero non falamos de pactos. Imos a presentar un programa ralizable e ambicioso, queremos que se note que traballamos e queremos facer da Estrada un concello modélico nalgúns aspectos. Imos a traballar na campaña electoral e dependendo de cal sexa o resultado o noso interese é realizar o noso programa, co cal estaremos máis cerca sempre daquelas políticas que se asemellen máis ao noso programa ou que nolo permitan desenvolver. - Algunha condición sine qua non? - Eu penso que iso vai depender do resultado electoral. Do que se trata agora mesmo é de presentar pograma, falar coa cidadanía e saber cales son as súas inquedanzas, para o que facilitamos a nosa páxina web (www.aestrada.galeguista.com)e o noso correo electrónico. -Dende algún ámbito dubidouse que se chegase a concretar esta candidatura... - Nós tivémolo sempre moi claro. O que pasa é que poden existir factores que fagan que as persoas se decidan a non participar en política. Traballamos polo noso camiño e dende o principio sabiamos que iamos presentar candidatura. -E cal serían os adxectivos máis axeitados para definir o perfil das persoas que integran esta alternativa? - Pois é xente sixela, xente traballadora, con inquedanzas e que realmente lle quere á súa terra, aínda que pode estar traballando fóra do concello (non todos, pode haber 2 ou 3 integrantes traballando fóra)... A Estrada tira, a terra tira.
|
|
<< Previous 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Next >> |
|
Documento sin título
.:: Tabela Galeguista ::. |
|
.:: Videos ::. |
|
|
.:: Donacions ::. |
|
.:: Tenda Virtual::. |
|
|